|
GRACIAS A TODAS AS PERSOAS QUE NOS APOIAN
O NOSO TITULAR SERÍA ESTE: COMO RESPOSTA AOS ATAQUES SUFRIDOS NOS ÚLTIMOS MESES A SALA NASA CONVOCA UN ACTO RIDICULISTA EN DEFENSA DA LIBERDADE DE EXPRESIÓN COINCIDINDO CO DIA MUNDIAL DO TEATRO O VENRES 27 DE MARZO ÁS 18,30H. NA PRAZA DO OBRADOIRO
O TITULAR DOS QUE NOS ATACAN SERÍA ESTE: COMO UN ATAQUE AOS CIDADÁNS DE SANTIAGO, UNHA SALA QUE HOMENAXEA A TERRORISTAS CONVOCA AOS SIMPATIZANTES DO MOVIMENTO DE LIBERACIÓN NACIONAL A UN ACTO ILEGAL DE KALE BORROKA COINCIDINDO CO 8º ANIVERSARIO DA MATANZA DE NETANYA
CAL SERÍA O TEU?
Se o teu é máis parecido ao noso, e coñeces ou frecuentas as actividades da sala NASA, gustaríanos convidarte a que veñas sacarte dúas fotos de familia con nós na Praza do Obradoiro o Venres 27 de Marzo ás 18,30h.
Na primeira foto todos e todas as que veñamos apareceremos tal e como nos retratan no segundo titular, é dicir, como terroristas, coa cara cuberta (trae algo para tapar a cara, un pano, unha bufanda, un pasamontañas...).

Na segunda foto apareceremos tal e como somos en realidade, coa cara descuberta, o noso nome e a nosa ocupación profesional.

Estas dúas fotos colectivas serán enviadas ás persoas que nos acusaron de apoloxía do terrorismo e de planificar e executar actos de violencia urbana, entre outras cousas, para que saiban quen somos e para que vexan que non temos nada que ocultar
Porque ao mellor non sabes que durante os últimos meses a Sala NASA foi obxecto de duros ataques por parte do Partido Popular e de asociacións vencelladas a el, tratando de criminalizar a súa actividade cultural, solicitando a retirada de todas as axudas públicas e mesmo pedindo o peche da sala.
Estes ataques ademais viñeron carregados de insultos persoais que atentan contra a honra das persoas que dirixen a sala, pero tamén da descalificación absoluta das persoas que asisten ás actividades programadas. Consideramos que estes feitos constitúen un ataque inaceptable non só contra a Sala NASA, contra os seus traballadores, contra os artistas e contra os espectadores, senón contra todo o sector cultural da cidade de Santiago de Compostela e, por extensión, contra a convivencia, a tolerancia e a liberdade de expresión.
Polo mantemento da biodiversidade cultural Polo dereito a pensar distinto Pola tolerancia Pola liberdade de expresión
PERSOAS QUE PARTICIPARON E QUIXERON ASINAR CO SEU NOME E APELIDOS O ACTO RIDICULISTA 1. Xacobe Martínez Antelo – Músico 2. Ramón Bermejo – Músico 3. Manuel Gutiérrez – Músico 4. Max Gómez Parada – Músico 5. Pablo F. Sinde – Músico 6. Carlos Santiago – Escritor 7. Carlos S. Meixide – Xornalista 8. Tomás B. Lijó – Profesor 9. Roberto Ribao – Viticultor e fotógrafo 10. Pánchez – Deseñador 11. Suso Sanmartín – Humorista 12. Bruno Ruival – Gaiteiro 13. Fernando Chouzinho – Físico 14. Héctor López de Castro – Avogado 15. Jesús Rivera Armán – Administrativo 16. Esteban Yáñez – Artista 17. Gerardo Oz 18. Rubén Vidal – Deseñador gráfico 19. Alberto Casas – Músico 20. Luis González 21. Luis Blanco Arauxo 22. Iria Pinheiro – Actriz 23. Xoque Carvajal – Actor 24. Paula Buján López – Actriz 25. Cecilia Carballido – Produtora 26. Carlos Caetano Vizcaíno Fernández – Investigador teatral 27. Benito Pérez Santiago 28. Flora Agúndez Prieto – técnico agrícola 29. Roi Fernández Fernández – Comunicador audiovisual 30. Óscar Vázquez Arrojo – Fotógrafo 31. Borja Fernández Rodríguez – Actor 32. Nacho Fungueiriño Rey 33. Manuel Vicente Rodríguez 34. María Cheda Martínez 35. Cuca Márquez López 36. Chiqui Pereira – director teatro 37. Fran Villasenín Montoiro – Autónomo 38. Caridad Rodríguez Pazo – Publicista 39. Cristina Ferreirós Sánchez – Ilustradora infantil 40. Raquel López Veleiro – Profesora 41. Patricia Gamallo Lama – Profesora 42. Natalia Veiga Galindo – Estudante 43. Eva de la Torre Conde – Estudante 44. Eloi Alonso Freiría – Técnico Superior Informático 45. Marcos González Carvallido - actor 46. Alberto Mancía Vidal – Presidente Red de Teatros Alternativos 47. Miguel Ángel Lozano Colodrá – Gerente Red de Tetaros Alternativos 48. Nico Campos – músico 49. José Luis Sierra – Técnico de vídeo 50. Mª Jesús Mellado García – Cantante, actriz 51. Andrea López Álvarez – Maquetadora 52. Ana Álvárez Moreno – Médica 53. Xoan López Facal – Economista 54. Antón García Caamaño – Estudante de Bellas Artes 55. Graciela Paz Bermúdez – Investigadora 56. Claudia del Pino Martínez – Consultora de Turismo 57. Margarita Ledo Andión – Profesora USC 58. Rosa Franquet Calvet – Profesora 59. Petxo Idoyoga Arrospide – Profesor UPV/EHU 60. Emili Prado – Profesora UAB 61. Xosé Soengas – Profesor USC 62. Xosé Manuel Beiras Torado – Profesor USC 63. Aurora Pereira Carballo – Artista 64. Peter Condra – Profesor 65. Lia Cotón Molina – Operadora 66. Rodrigo Cuevas González – Músico 67. Amparo Jiménez Queso – Estudante 68. Melani Rodríguez Falcón – Estudante 69. Irene José Pereira – Estudante 70. Luis García Soutollo – Artista 71. Xiana Varela Castro – Estudante 72. Antía Fernández Cambeiro – Estudante 73. Tristán Ron Ferreirós – Estudante 74. Nerea Barros - Actriz 75. Mª Elisa Cambeiro Cives – Traballadora social 76. Mª Xesús Delgado Núñez – Bibliotecaria 77. Pedro Alonso Iglesias – Ecoloxista 78. Pilar González Rodríguez – Mestra 79. Rosa Santorum Paz – Profesora 80. Isaura Barciela Varela – Profesora 81. Diana Rey Martínez – Estudante 82. Purificación Cabido Pérez – Profesora 83. Montserrat Sánchez Mancebo – Profesora 84. Inma Rodríguez Villar – Mestra 85. Jorge Rey – Titiriteiro 86. Ángela Gamallo Plaza – Empregada de banca 87. Javi Martín – Bailarín 88. Iria Sobrado – Actriz 89. Carlos Neira – Director de teatro 90. Renata Otero – Pintora 91. Mercedes González Castro – Actriz 92. Julio Perugorría – Produtor 93. Sabela Rei – Estudante 94. Francisco Mato – Profesor 95. Rubén Torrado – Estudante 96. Concha Fernández – Profesora F.P. 97. Mª José Fernández – Informática 98. Iván Reimóndez 99. Jaione Camborda Coll 100. Antonio Castro Sanmartín 101. Diego López Leirós 102. Jorge Rúa Pérez – Actor 103. Marta Rodríguez Álvarez – Xornalista 104. Sole González Perez – Dentista 105. Mitto N. Carvalho – Carretilleiro 106. Jacq Cancela Abelenda – T.E.R. 107. Joseba Irazoa Rodríguez – Comercial 108. Xocas López – Xestor cultural 109. Marga Alborés – Profesora 110. Cristina Seijas Pérez – Comadrona 111. Jorge Duarte Vázquez – Arquitecto 112. Ramón Bazarra Maneiro – Estudante 113. Manuel Franco Paz – Pintor 114. Margarida García Marcos – Libreira 115. Gustavo Dacosta Vizoso – Estudante 116. Paco Rodríguez Añón 117. Tamara de la Fuente – Fotógrafa 118. Ricardo de Barreiro Calo – Actor 119. Begoña Cuquejo Suárez - Psicóloga 120. Paulina Fanes – Estudante de dirección 121. Estevo Creus Andrade – Psicólogo clínico 122. Larraitz Urruzola – Actriz 123. Francisco Cadaval Ayaso – Empresario 124. Ana Ramos Porto – Xornalista 125. Adrián Arcay Fernández – Deseñador gráfico 126. Yolanda Ferro Vázquez – Técnico de turismo 127. Manuela Antelo Lema – Profesora 128. Luis Mª Ulloa Guitián – Investigador USC 129. Fernando Vidal Collazo – Profesor 130. Seila Alvaré Samperio – Actriz 131. Olalla Tesouro Gómez – Actriz 132. Darío Fernández – Actor 133. Eladio Otero García – Enxeñeiro 134. Nuria González Rodríguez – Estudante 135. David Rodríguez Pérez – Enxeñeiro 136. Raúl García Candeiro – Autónomo 137. José Romero Botello – Historiador 138. Juan de Dios Rueda López – Artesán 139. Margarita Portela Barreiro – Auxiliar administraivo 140. Marta Portela Barreiro – Artesán 141. Ana Pintos Pérez – Fotógrafa 142. Sergio Lago Lamas – Animador sociocultural 143. Martiño Suárez Fraga – Xornalista 144. Isabel Sánchez Temprano – Estudante 145. María Rodinho Tomé – Administrativa 146. Esther Vila López – Enxeñeira técnico forestal 147. Lara Rozados Lorenzo – Xornalista 148. Natalia Outeiro Romay – Pallasa e actriz 149. Montse Triola – Directora e produtora 150. José Díaz García – Produtor audiovisual e teatral 151. Manuel Lago García – Pallaso e produtor de circo 152. Xabier García Mera – Músico 153. Alfonso Medina González – Pallaso 154. Manuela Antelo Lema – Profesora 155. Carmen Morell Muñoz – Psicóloga 156. José R. Alonso Álvarez – Empresario 157. Rebeca Mohedano Lira – Estudante 158. Cora Alonso Moreno – Estudante 159. Paula Lira de Souza – Socióloga 160. Xurxo Mariño – Profesor UDC 161. César Goldi – Actor 162. Vicente de Souza – Actor 163. Anabel Gago – Actriz 164. Lorena Conde Martínez – Actriz 165. Patricia A. Janeiro – Desempregada 166. Alfonso Zarauza – Cineasta 167. Mónica Fraga Gago – Artesá 168. Soledad Mato Fernández – Artesá 169. Javier González Abraldes – Músico 170. María José Prada Rodríguez – Arquitecta 171. Cristina Domínguez Dapena – Directora escena / directora CDG 172. César Abella Vázquez – Empresario 173. Xiana López Canaellas – Actriz 174. Jesús Francisco Varela Otero - avogado 175. Silvia Estefanía Bello Martínez – Maquilladora 176. Pablo Rega Ramos – Músico 177. Miguel Fernández Pérez – Xornalista 178. Mónica García Pérez – Actriz 179. Marta Pazos Antas – Actriz 180. Hugo Filipe Torres Bruno – Actor 181. Comba Campoy García – Actriz 182. Eva Álvarez Rey 183. Branca Novoneyra Rey – Bailarina 184. Pepa Yáñez Anllo – Actriz 185. Mª Xosé Rodríguez Bouzas – Actriz 186. Mara Varela Castro – Estudante 187. Manola Arias – Auxiliar de enfermería 188. Xan Guerra – Técnico 189. Alfredo Solla - Empregado de banca 190. Clara Carballo – Enfermeira 191. Gonzalo Lobato – Cociñeiro 192. Noa Díaz – Xestora cultural 193. Kalim González – Mestre 194. Martázul Busto – Profesora 195. Sara López Sierra – Teleoperadora 196. Sara Antelo Fernández – Camareira 197. Natividade Juncal Portas – Produtora 198. Miguel R. Pernas – Técnico de comunicación 199. Serxio Carreira – Educador social 200. Paula Bergantiños – Xornalista 201. Luisa González – Avogada 202. Marcos Maceira Eirís – Animador cultural 203. David Fernández Vieites – Técnico de son 204. Ramón Pinheiro Almuinha – Produtor artístico 205. Cecilia Perolio – Técnico audiovisual 206. Luis Martínez – Funcionario 207. Luis Caridad – Empresario 208. Teresa Díaz – Mestra 209. Carlos Martínez – Nutricionista 210. Sigrid Márquez Blanco – Traballadora social 211. “Sepi” Bazarra – Guionista e director audiovisual 212. Salma Olalla Azzam López – Realización audiovisual 213. Iván Mowe Patos 214. Anibal Louredo Fernández 215. Carmen Barreiro Villar – Desempregada 216. Isabel Villar Pérez – Xubilada 217. Catalina Villar Pérez – Xubilada 218. Dolores Vázquez Villar – Administrativa 219. Petena Villar Pérez – Xubilada 220. Arantza González Villar – Actriz 221. Paula Tenreiro Allegue - Consultora 222. Concepción Luisa Liñares Rodríguez - Limpadora 223. Iván Díaz Nespereira – Fotógrafo 224. Pela del Álamo – Técnico audiovisual 225. Marta Díaz Rodríguez – Tradutora 226. Uxía Pereiro Vaello – Bailarina 227. Enrique Otero Suárez – Empresario, Produtor audiviosual 228. Mauro Sanín Leira – Músico 229. Miguel Ángel Flores – Manager 230. Clara Gayo – Actriz 231. María Couto Feteira – Educadora social 232. Carmen Feteira Vázquez – Pensionista 233. Luis Gonçales Blasco – Profesor 234. María García Blanco – Mestra 235. Isaac Lourido Hermida – Investigador USC 236. Ana B. Triñanes Vidal – Xornalista 237. José Víctor Lrenzo Mosqueira – Actor 238. María Rodríguez Rodríguez – Mestra 239. Moldus Conde – Veterinaria 240. Xesús García – Enxeñeiro Técnico Agrícola 241. Laura Formoso – Filóloga 242. José Semedo – Actor 243. Lupe Fernández – Psicóloga 244. Carlos López – Hostelero 245. Henrique Gonçáles – Bolseiro 246. María Abelheira – Filóloga 247. Luz Castro – Informática 248. Xiana Iglesias Villaverde – Xornalista 249. Samuel Martín Vázquez – Estudante 250. Xesús Amado Reino – Funcionario 251. Luis A. Martínez Chorén – Empresario 252. Robert T. Matthews – Actor 253. J. Luis Rodríguez González – Malabarista 254. Víctor Arim – Fotógrafo 255. Yago Fernández – Sanidade 256. Denis Estévez Fernández – Artesán 257. Roberto Varela Vázquez – Estudante 258. Chema Arnaiz – Consultor 259. María Macía 260. Mercedes Porto 261. David Loira – Bailarín 262. Jackson Renner – Estudante 263. Daniel Asorey – Profesor 264. Ana María Fernández – Mestra 265. Rebeca Mariño Souto – Estudante 266. Mª Eulalia González Martínez – Estudante 267. Andrea Rico Adega – Educadora social 268. Carmen Blanco Romero – Traballadora social 269. María Rosendo Priego – Produtora teatral 270. Carolina Peres Peres – Filóloga 271. Jimmy Failde Delgado – Mestre 272. Marta Ortiz Ropero – Contacontos 273. Luis López González – Artista 274. Santiago Montero Fernández – Artista circense 275. Antonio Delgado Pérez – Artista circense 276. Susana Ramos Porto – Arquitecta 277. Antonio Ramiro – Condutor 278. Gael Herrera – Audiovisual 279. Lorena Souto – Filóloga 280. Darío Iglesias Feal – Farmacéutico 281. Xacobo Castro Tores – Técnico de luz 282. Gabriel Penabade Outeiro – Titiriteiro 283. Sandra Vilaseco Regueiro – Filóloga 284. Morinho Cavaleiro Domíngues – Mestra 285. Joám J. Castro Rodrígues 286. Martín Blanco Midón – Camioneiro 287. Marcos Iglesias Mera – Desempregado 288. Maribel García dos Anjos – Produción 289. Lázaro Duyos – Titiriteiro 290. Carlos Vázquez Rios – Informático 291. Fátima Barca Pino – Estudante 292. Adrián González Agúndez – Estudante 293. Vanessa González de la Fuente – Titiriteira 294. Olga Rula Fernández Blanco – Actriz 295. Rebeca Sevilla Muñiz – Psicóloga 296. José Expósito Alcocer – Empresario 297. Baltasar Iglesias Rendo – Estudante 298. Miguel Serran Pérez – Biólogo 299. José Ramón Pichel Campos – Enxeñeiro informático 300. Sherezade Berdají González – Actriz 301. Daniel Rodríguez Juncal – Técnico de iluminación 302. Fátima Norma Rodríguez Figueiras – Consultora 303. Juan Manuel Gianzo Gutiérrez – Estilista 304. Adriana Tubio Rodriguez – Admistrativa 305. Elena Valiño – Xornalista, camareira 306. Andrés Villasenín – Empresario 307. Miguel Cabaleiro Saco – Técnico de luz 308. Fidel Vázquez Díaz – iluminador 309. Ángel Lago García – Dj 310. Paula Castro Díaz – Eléctrica, técnica son 311. Xurxo Pinheiro Santos – Enxeñeiro de son 312. Noela Torres Treviño – Estudante, taquilleira 313. Marta Castro Zaera – Taquilleira 314. Miguel de Lira – Actor e produtor 315. Manuel Cortés Tallón – Actor e escritor 316. Patricia de Lorenzo González – Actriz e empresaria 317. Xesús Ron Pereiro – Actor, empresario e director artístico
Reportaxe en vídeo do acto neste enlace
|